A actriz fisterrá Marta Lado recibiu o premio á mellor actriz no XXI Festival Cineespaña de Touluse(Francia) polo seu papel protagonista de «Olalla» na longametraxe «Sicixia»(Vía Láctea Filmes.
A actriz, que non puido asistir á Gala, agradeceu ao xurado que se fixara en «Olalla» e recoñeceu sentirse orgullosa de recibir o seu primeiro premio internacional amosando un anaco da súa terra, a Costa da Morte. Tamén convidou ao público francés a visitar a nosa terra e subliñou que nun momento no que as fronteiras rompen o mundo, SICIXIA fala de namorarse do mundo do outro. O director, Ignacio Vilar, foi o encargado de recoller o premio e subliñou que este Premio supoñía un grande pulo para o cinema rodado en galego.