Dous vehículos víronse implicados na mañá deste luns(sobre as 7,30h) nun accidente na Pereira, en Santa Comba, no treito que une esta localidade con Fontecada, na estrada Muxía-Santiago, nun pequeno cambio de rasante.
Un Citroen C4 e un Seat Exeo protagonizaron un choque frontolateral. O accidente saldouse con dúas persoas feridas que foron trasladadas a un centro hospitalario. Unha persoa é veciña de Brandomil-Zas e outra do concello de Teo.



