Un home resultou ferido en Muros ao envorcar o seu coche. O vehículo caeu por un terraplén duns catro metros de profundidade. O sinistro produciuse en Taxes, na estrada que vai a Muros. O 112 Galicia recibía o aviso dunha persoa particular ás 20:20 horas da pasada tarde. Acto seguido, os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaba a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Cee e ao GES de Muros. Tamén se informou á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Os efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia medicalizada para asistir ao home. O vehículo sinistrado será retirado do barranco ao longo desta mañá, coa axuda dun guindastre.
Colisión na Laracha
Ademais, un accidente entre dous coches deixa dúas persoas feridas na Laracha. A colisión produciuse na estrada que une a localidade con Bragunde, preto do campo da festa.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 22:20 horas da pasada noite para explicar os feitos. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou do sinistro a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Carballo. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. As dúas persoas feridas recibiron asistencia sanitaria.