O subdirector de relacións cos grupos de desenvolvemento rural da Xunta de Galicia, Javier Blanco Carballal e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, inauguraron a xornada «Presente (e futuro)para o rural» impulsada polo grupo informal Xalleiros emprendedores, co apoio do programa Iniciativa Xove da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e do concello de Santa Comba.
O propio Javier Blanco foi o encargado da primeira das ponencias e informou sobre os programas europeos.Tamén estaba prevista a participación de Sergio Camiña, Project manager no Clúster Alimentario de Galicia, que falou sobre a importancia do I+D+I nas empresas do rural, a consultora Marta Cristos que organizou un obradoiro de sustentabilidade, o experto en coaching José Ramón García, para disertar sobre «o liderado e o traballo en equipo» e o axente forestal Juan Camafreita que tiña previsto falar da importancia económica da reforestación en Galicia. Nesta xornada, que se desenvolve no auditorio do multiusos xalleiro, tamén estaba convidado Jesús Otero para contar a experiencia da empresa Bicos de Xeado.