Accidente de tráfico en Carballo. Unha persoa resultou ferida esta noite ao sufrir unha saída de vía na AG-55. O seu coche quedou enriba da mediana da autoestrada tras chocar contra ela. En concreto, o sinistro produciuse en sentido A Coruña, á altura da saída de Carballo.
A persoa ferida tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 22:00 horas da pasada noite para explicar o acontecido. Dende o CAE 112 estableceuse comunicación con Urxencias Médicas e cos Bombeiros de Carballo. Tamén se alertou ao GES de Ponteceso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.