O grupo de teatro Chévere representa a súa obra «Eroski Paraíso» na Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, o vindeiro sábado 15 de outubro as 21:30h.
Aínda que o acceso é gratuíto as prazas son limitadas. As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 10 de outubro nas oficinas xerais do concello de Mazaricos.
A compañía Chévere conta co Premio Nacional de Teatro. Nesta obra, na que aparece a iconografía MZ, participan os actores Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, e Fidel Vázquez.