5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Seráns de baile na Laracha

Os Seráns de Baile regresarán este sábado ás instalacións do centro sociocultural de Paiosaco no seu horario habitual, de 18:00 a 21:00 horas, trala pausa do verán.Deste xeito o Concello da Laracha recupera as tradicionais tardes de música, baile e ocio para a terceira idade, ás que están convidados a asistir dun xeito totalmente gratuíto todos os veciños xubilados e pensionistas residentes no Concello.

Aproveitando a dispoñibilidade de instalacións céntricas e funcionais tanto na Laracha como en Paiosaco, altérnase semanalmente o lugar de celebración desta actividade. Así, o primeiro e o terceiro sábado de cada mes -coincidindo coa véspera da feira quincenal de Paiosaco- o lugar de celebración é o salón de actos do centro sociocultural de Paiosaco. O segundo, cuarto e, no caso de habelo, quinto sábado do mes, desenvólvese no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

O Concello da Laracha renova un ano máis o seu compromiso co colectivo da terceira idade, ofrecéndolles esta alternativa de ocio por medio da que se lles posibilita optimizar o tempo libre e favorecer as relacións sociais entre persoas dese grupo de idade.Os Seráns de Baile lévanse a cabo en instalacións amplas, cómodas, funcionais, ben situadas e con dispoñibilidade de aparcamento gratuíto de vehículos nas súas inmediacións.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos