Este sábado, o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia reúnese en Santiago de Compostela para analizar os resultados electorais do pasado 25 de setembro e tamén para preparar a convocatoria do II Congreso Nacional e o proceso de «reinicio» da formación-
Está previsto que as 12,30h compareza diante dos medios de comunicación, o secretario xeral do partido galeguista, Xoán Bascuas. A xuntanza será na sede nacional de Compromiso, na Avenida de Lugo,215.