O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, formalizou recentemente o contrato administrativo para a prestación do servizo de axuda no fogar coa empresa Idade de Ouro servizos sociosanitarios por importe de 145.032 euros(ive incluído) segundo publica este xoves o B.O.P.
A privatización do Servizo de Axuda no Fogar provocou un rexeitamento importante tanto das traballadoras que manteñen un pulso xudicial co goberno local, como por parte dos catros grupos da oposición, Independientes por Vimianzo, Terra Galega, Partido Popular e PSOE que veñen de solicitar a celebración dun pleno extraordinario no que solicitan que se revisen os acordos adoptados ao entender que son irregulares.
Tamén o concello ven de adxudicar dunhas obras do Plan de Acción Social da Deputación. A mellora do firme da estrada municipal entre Tines e Quintáns(Treos), por importe de 151.536 euros e a rehabilitación do centro social-escolta unitaria de Carantoña e equipamento de parques infantís en Carantoña, Tines e Pasarela, por importe de 55.653 euros, ive incluído. En Nestes dous casos o goberno de Vimianzo recorreu a un procedemento negociado sen publicidade.