Un cortello situado debaixo dunha vivenda viuse afectado esta noite por un incendio. Aconteceu en Carballo, nunha propiedade situada en Estévez, na parroquia de Ardaña. O lume declarouse minutos antes da 1:00 desta madrugada, segundo indicou unha persoa particular ao 112 Galicia.
O persoal do CAE 112 Galicia puxo en alerta aos Bombeiros de Carballo, que se desprazaron axiña ata o lugar. Tamén se avisou a Protección Civil e á Garda Civil.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume calcinou boa parte da estancia, provocándolle a morte a varias ducias de coellos e galiñas. Tamén se viu danada unha caldeira. Ademais, toda a vivenda, situada no andar superior, viuse afectada polo fume. Así e todo, non houbo que lamentar danos persoais.