Un home resultou ferido tras precipitarse dende unha altura duns catro metros, aproximadamente, no lugar de Bascuas, no concello coruñés de Val do Dubra. Ás 17:50 horas horas, un alertante solicitaba ao CAE 112 Galicia medios sanitarios para atender a un home que se precipitara dende o tellado da súa casa.
Nada mais recibir a chamada de alerta, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Médicas, e, informouse á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Val do Dubra.
Ademais, debido ao forte impacto, ata o lugar, desprazouse un helicóptero medicalizado para trasladar ao ferido que finalmente, puido ser trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.