13.4 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Xornada sobre o monte comunal en Mazaricos

A casa da cultura da Picota, no concello de Mazaricos, acolle o vindeiro xoves 29 de setembro unha xornada sobre a «creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal» organizada pola asociación galega de cooperativas (AGACA).

A xornada comezará ás 10 da mañá cunha charla sobre a Lei de Montes de Galicia, impartida polo experto asesor de comunidades de montes, Calixto Escariz, e moderada polo técnico de AGACA, Carlos Ares.

Ás 11,45 terá lugar a intervención do xerente de AGACA, Higinio Mougán que falará sobre «Xestión cooperativa dos recursos ociosos dos montes veciñais en man común». A terceira charla será ás 12,30, impartida por Manuel Eirín, asesor de Gaélica Solar que falará sobre «As comunidades veciñais en man común e a eficiencia enerxética como iniciativas innovadoras no medio rural».

Xa ás 13,00, o representante do monte comunal de Carballo, José Manuel Iglesias disertará sobre «A experiencia da CC.MM. De Carballo:crianza de porco celta, produción de cogomelos e mel, explotación de Cabalo de Pura raza galega».

Un representante da asociación de resineiros de Galicia pronunciará(13,30) unha conferencia sobre a resinación de piñeirais, e a técnica Manuel González encargarase de falar sobre «o cultivo de olivas nos montes comunais». As xornadas será pechadas polas autoridades. Máis información na AGACA 981584783.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos