Hoxe mércores comeza unha nova tempada do popular programa «Land Rober Tunai Show», que presenta Roberto Vilar, e que ten detrás a unha auténtica lexión de seguidores, que queren seguir gozando das grandes doses de humor e entretemento que ofrece o programa da TVG.
Como aos grandes artistas, a tempada pasada obrigáronlles a facer un bis e prolongar a súa despedida. Agora volven co reto de seguir manténdose como referencia televisiva no país galego.
Mentres milleiros de persoas están en lista de espera para poder ver o programa no estudio, todo está preparado para o regreso de Roberto Vilar, Xosé Antonio Touriñán, Eva Iglesias e demais familia. Xa están aquí!. Despois non digas que non che avisamos.
.