16.4 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Feira da Horticultura A Laracha

A Feira de Horticultura que organiza o Concello da Laracha e que celebrará a súa primeira edición ao longo da xornada deste sábado nace cos obxectivos de poñer en valor tanto os produtos que se cultivan na nosa zona como o traballo que desenvolven os profesionais do sector, esencial para ofrecernos produtos frescos e de calidade ao mesmo tempo que apoian o desenvolvemento e a creación de emprego no rural.

A Praza do Concello da Laracha será desde as 10:00 e ata as 21:00 horas o centro de exposicións -sen venda- das máis de vinte variedades de produtos de horta que se cultivan e colleitan no noso termo municipal e noutros concellos próximos. Contarase con vinte e tres postos que estarán ocupados polas principais asociacións do sector e as empresas de referencia na zona.A xornada complementarase cunha serie de eventos e actividades dirixidos a todos os públicos que posibilitarán disfrutar do día en familia.

Durante todo o día poderanse degustar os produtos de horta da zona nos dezaseis locais que formarán a Ruta de Tapas e que as ofrecerán aos seus clientes de xeito gratuíto con cada consumición. As elaboracións realizaranse con diferentes tipos de tomates, pementos, repolo, espinacas, pepino, berenxena, patacas, xudías, puerros, calabacín, leituga, acelga e fabas. Ditos produtos serán cedidos ás cafeterías, bares e restaurantes adheridos á iniciativa polos propios produtores que farán as exposicións na praza.

Desde as 12:00 e ata as 14:00 horas, o chef Adrián Felípez realizará unha exhibición de cociña (showcooking) na Praza do Concello na que explicará a demostrará diferentes xeitos de preparar pratos con produtos de horta galegos.Ademais, haberá diversidade de actividades infantís durante todo o día, todas elas relacionadas coa temática da xornada.O Concello da Laracha elaborou un documental e un vídeo promocional da feira que xa se están a difundir polas redes sociais. Colaboran no financiamento da I Feira de Horticultura da Laracha a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
462SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos