Un menor foi trasladado ao Hospital Materno Infantil da Coruña despois de sufrir un accidente cando ía en bicicleta. Sucedeu pasada a unha desta tarde na estrada de Monfero a Vilalba, concretamente, no Salto do Coello. Segundo relatou a persoa que contactou co 112 Galicia, o rapaz circulaba en bicicleta cando colidiu cun turismo. O choque lle provocou lesións importantes e foi trasladado decontado ao Hospital da Coruña. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros do Eume e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

