O portavoz municipal de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos presentou unha moción na que propón que o concello acorde incluír nos orzamentos anuais unha cantidade a modo de subvención anual para a Unión Barcalesa da Habana.
Na súa exposición, Ramos lembra a axuda histórica prestada pola entidade na comarca do Val do Barcala e pide que se siga o exemplo adoptado por unanimidade no concello veciño de Negreira de aprobar unha subvención anual, para contribuír a que «a única colectividade organizada de emigrantes barcaleses no mundo» siga activa.