10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Convenio do concello da Laracha coa Deputación

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o deputado provincial de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, asinaron hoxe no Salón de Plenos os convenios de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña para o cofinanciamento dos proxectos de remodelación das prazas do Concello e Eduardo Vila Fano de Caión. No acto tamén estiveron presentes os concelleiros do grupo de goberno José Ramón Martínez Barbeito, Jesús Souto, Patricia Bello e Rocío López.

O investimento total entre as dúas actuacións ascenderá a 250.000 euros (159.832,03 euros a praza Eduardo Vila Fano e 90.059, 63 euros a Praza do Concello). Segundo o acordo rubricado hoxe, a Deputación achegará o oitenta por cento do custe das obras (en torno a 200.000 euros) e o Concello farase cargo con fondos propios municipais do vinte por cento restante (uns 50.000 euros).

Por outra parte,o areal de Caión súmouse á Rede Galega de Praias Sen Fume impulsada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Este mediodía o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López, izaron xunto á entrada principal ao areal a bandeira que simboliza a adhesión á esta iniciativa, que permanecerá visible durante todo o verán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos