14.8 C
Santa Comba
domingo, diciembre 10, 2023

Xoán Bascuas propón un novo plano forestal

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas lamentou hoxe que o goberno galego continúe sen afrontar con seriedade a problemática dos incendios forestais.

«Está claro que os lumes apáganse no inverno.Botamos en falta un plan de prevención dos lumes e de xestión dos recursos forestais» declarou Xoán Bascuas, que lembrou que unha das propostas de Compromiso é a aprobación dun novo plano forestal que promova a recuperación do monte galego.

Desde Compromiso por Galicia tamén se critica o atraso na contratación de medio milleiro de efectivos do SEAGA cando estamos en datas de máximo risco, e sospeítase que esta dilación poidar vir motivada por intereses electoralistas, para prolongar o operativo preto das eleccións autonómicas.»Hai que investir no mantemento do noso monte e non pensar só nas tarefas de extinción, e por riba dun xeito caótico» engadiu Bascuas.

Fonte- Nota Compromiso por Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos