Unha persoa resultou ferida na mañá deste mércores en Santiago de Compostela, despois de que a moto na que circulaba colisionara contra un tractor. O motorista precisou asistencias sanitaria. Xa foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Os feitos producíronse na estrada da Ameixenda, á altura do lugar de Brins. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 10:40 horas de hoxe para alertar do acontecido. O persoal do CAE 112 Galicia informou decontado a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Santiago, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico
Fonte noticia-AXEGA 112