5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Falece un motorista en Pontevedra

Un accidente entre un camión e unha moto deixa unha vítima mortal. Trátase do motorista. O sinistro rexistrouse en Pontevedra, no quilómetro 0 da PO-10, no enlace coa AP-9. Foi o propio camioneiro implicado o que contactou co 112 Galicia minutos despois das 5:00 horas desta madrugada. Segundo explicou, o motorista quedara tirado na calzada logo de que a moto batese contra o seu camión.

Os profesionais do CAE 112 Galicia alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Pontevedra. Os efectivos sanitarios desprazaron ata o lugar unha UVI móbil para asistir ao motorista. Malia os intentos por reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Fonte- Nota de prensa AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos