As «Andainas coñece a Costa da Morte» chegan a Mazaricos, o próximo 11 de xuño cunha subida a Monte Aro. Os camiñantes partirán da praza da Picota e percorrerán unha distancia total de doce quilómetros, percorrendo o interior do municipio e gozando dos recursos paisaxísticos da contorna. Na aldea de Lago, na ruta xacobea fisterrá, comezará a subida ao Monte Aro, considerado o poboado castrexo máis grande da comarca e onde nun día de climatoloxía aceptable pódense albiscar unhas vistas excelentes. Organiza o servizo municipal de deportes do concello de Mazaricos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.