O mergullador que estaba sendo buscado apareceu sen vida e o seu corpo xa foi trasladado á terra. Joaquín Oubia tiña 48 anos e adicábase a pesca de navalla aínda que nesta xornada sumerxírase para tentar arranxar unha avaría nunha embarcación.
Noticia anterior
Está activado un operativo de búsqueda para localiza a un mergullador desaparecido na zona de Ourido, entre o porto de Tragove e o Grove, no concello pontevedrés de Cambados.
Unha embarcación e un helicóptero de Salvamento Marítimo rastrexan a zona apoiados por efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, unha embarcación de Protección Civil de Cambados e outras.O Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Médicas e a Policía Local tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.