11.7 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

Un Land Rober con bola extra

Cando Roberto Vilar comezou o último programa da tempada xa se viu que o público tiña gañas de marcha. «Outra, outra» berraban como se estivéramos nun concerto musical ou nunha potente verbena. E despois coa chegada de Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán, este último recolleu o desexo do público e Roberto Vilar acabou entrando ao trapo.

Pero puxo o listón alto. Se querían un programa extra había que colocar o «Land Rober» co cancelo #LandRoberBIS como trending topic e situalo na primeira posición. E pouco a pouco foi subindo posicións ata colocarse na «pole position». Sumou uns 30.000 chíos.

Agora como nas partidas de pinball, os seareiros do programa da TVG terán como recompensa unha bola extra. A vindeira semana na galega.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos