15.3 C
Santa Comba
domingo, diciembre 10, 2023

Novo depósito en A Laracha

O Concello da Laracha está a habilitar unha nova infraestrutura vinculada ao punto limpo da Laracha e que consiste na creación dun novo depósito para o almacenamento temporal de residuos de materia vexetal e tamén de plásticos de silo e invernadoiros.

Con esa finalidade estase a construír un peche perimetral nun ámbito duns 2.500 metros cadrados de superficie na parcela de titularidade municipal que o Concello da Laracha dispón, para destinala a equipamentos públicos, no ámbito do parque empresarial. En concreto, sitúase no sector E5, isto é, a carón do aparcamento norte do polígono, con accesos desde A Laracha a través de O Campo da Porta e tamén pola parte posterior da siderurxia.

O proxecto completarase coa mellora dos accesos rodados cara o interior da parcela e a correspondente sinalización nas vías próximas para informar da súa localización.A actuación que se está a executar ten un dobre obxectivo. Por unha parte, facilitar aos veciños o transporte deste tipo de material, poñendo a súa disposición un ámbito amplo e de fácil acceso para poder depositalos. Por outra banda liberarase de espazo ás instalacións do punto limpo, que en determinadas épocas do ano comezaban a ser insuficientes para recoller os plásticos e a materia vexetal para o seu posterior tratamento.

O novo depósito será xestionado en exclusiva pola empresa concesionaria da prestación dos servizos que se ofrecen no punto limpo da Laracha, que actualmente é Aspaber.

Fonte-Nota de prensa Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos