Dúas mulleres resultaron feridas nun accidente múltiple que implicou a catro vehículos e que tivo lugar este mediodía na rúa San Bernardo de Noia.
Ata o lugar mobilizouse ós servizos sanitarios e tamén efectivos dos bombeiros do parque comarcal de Boiro, efectivos do GES de Brión e de Protección Civil de Noia.

