O Partido Socialista de Galicia acusa á Xunta de Galicia de «beneficiar ás grandes conserveiras en contra da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia».
Aseguran que o goberno autonómico está a poñerse «de parte da Asociación Nacional de Fabricantes de Conversas en detrimento dos produtores galegos».Lembran a recente sentenza que califica de competencia desleal incluir alusións á orixa galega da etiquetaxe nas conservas de mexilón utilizando produto de fóra.
O portavoz de pesca de PSdeG, José Ramón Val Alonso interpelará esta semana ao executivo no pleno do Parlamento de Galicia e esixirá que se ampare «a primeira denominación de orixe protexida do mar de toda Europa»