No Senado podes marcar tres cruces e votar a tres candidatos que non teñen porque ser do mesmo partido. É algo evidente pero que non todo o mundo ten claro, nunha sociedade acostumada a votar como se foran listas pechadas, como por exemplo as do Congreso.
Nestas eleccións houbo unha campaña que me chamou a atención. A de Xesús Gómez. Non debería de sorprender que un candidato ao Senado fixera unha campaña propia, aínda que é máis cómodo subirse á roda dos partidos tradicionais e deixarse levar pola dinámica.
Xesús fixo a súa campaña. Acompañado por un home hiperactivo, inquedo e entusiasta como Xosé Abelenda, exercendo como xefe de campaña.
Xesús Gómez Antelo pateando toda a bisbarra
Se participando en mitins do partido en Santa Comba, Coristanco ou Carballo, se repartindo publicidade pola feira de Santa Comba ou facéndose nunhas protestas contra os recortes na educación na capital de Bergantiños.
Nun coche branco aí estaban Xosé e Xesús. Lanzando proclamas pola megafonía, visitando aldeas, explotacións gandeiras, etc.
Tamén achegando reflexións desde as redes sociais. E recollendo testemuños de emigrantes agradecidos que encontraron en Gómez (e tamén en Abelenda) unha valiosa axuda para recuperar aqueles cartos perdidos que chegaron as pantallas do histórico programa “Quién sabe donde? de Paco Lobatón.
Ata o pai de Xesús, desde a súa granxa do Carballal aportou o seu grao de area, cunha mensaxe que anda polas 9.000 reproducións en Facebook. E o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, tamén expresou o seu apoio público ao candidato. Gómez Antelo empregouse a fondo nesta campaña ao Senado.
Unha conversa na Fervenza
Adiante TV gravou unha pequena conversa nun momento da campaña electoral destes dous xalleiros. Na contorna da Fervenza de Castriz, neste vídeo, falan sobre este fermoso espazo, da mina de Varilongo, do turismo e dos proxectos eólicos.