14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Xesús Gómez: “O BNG é necesario e sabe defender os intereses de Galicia”

O sindicalista xalleiro Xesús Gómez Antelo é candidato ao Senado nas eleccións do vindeiro 23 de xullo. Foi proposto polos seus compañeiros na emigración e séntese ilusionado:

”Sempre me debín á defensa das problemáticas sociais e da xente. As pilas non se me acabaron e penso que podo ser útil. Se podo defender a esa xente a un alto nivel eu recollo a luva porque penso que son capaz”.

Este veciño de Vilamaior (Santa Comba) que leva décadas traballando en Suíza ten claro que “o bipartidismo non foi favorable para España e menos para Galicia”.

ENTREVISTA EN ADIANTE TV

«O BNG pode ter a chave do goberno»

Pensa que despois dos comicios do domingo, o BNG “pode arbitrar e ter a chave do goberno e cando un partido ten a chave as cousas para o seu país cambian moito”.

Gómez Antelo pensa que “O BNG ten capacidade para influír na política nacional” e está avalado por anos de traballo: “Ten unha historia. É un partido de fonda raíz e que sabe defender os intereses do seu país. É necesario”.

Sobre as medidas recentemente aprobadas no Parlamento de Galicia, trasladadas desde a diáspora, valora positivamente os pasos dados pero pensa que aínda quedan cuestións importantes como escolas de galego, facilitar o recoñecemento das valoración de invalidez que se fan en Suíza, acabar coa discriminación fiscal existente ou que haxa “unha representación da Xunta de Galicia” en cidades con presenza importante de galegos como Xenebra.

Xesús Gómez, que participou nesta campaña en actos en Santa Comba, Coristanco ou Carballo pide o voto para o BNG e asegura que non defraudará a ninguén.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos