9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

O BNG pide desde Santa Comba ter unha representación “potente” en Madrid

O BNG celebrou un mitin en Santa Comba, nun bo ambiente de público chegado desde distintas comarcas galegas. En esencia a mensaxe consistiu nun chamamento ao voto para o BNG como ferramenta útil para a defensa dos intereses de Galicia.

“Néstor Rego puxo a Galiza nas actas do Congreso” sinalaba Esther Vieito mentres Juan David Sixto preguntaba cal fora o papel do senador Núñez Feijóo e lembraba que o candidato eo Senado era un veciño xalleiro, Xesús Gómez.

Imaxes do acto en Adiante TV


O candidato ao Congreso, o coristanqués Xosé Antonio Andrade está convencido de “que reforcemos a nosa voz en Madrid só depende que o 23 de xullo a xente que ame este país decida introducir a papeleta do BNG”.


“É hora de que España empece a pensar en nós” sostiña Xosé Regueira que puxo en valor o traballo de todos os deputados do BNG que estiveron no Parlamento estatal en diferentes etapas. “Para Núñez Feijóo e Yoli (Yolanda Díaz) a meta nunca estivo aquí, estaba en Madrid”.

A emoción de Abelenda


O xalleiro Xosé Abelenda, visiblemente emocionado, pediu o voto para o BNG e para o seu “pai político”, Xesús Gómez. Falou das necesidades e problemáticas da emigración, pero tamén aproveitou para demandar melloras comunicacións e servizos en Santa Comba, entre outros temas:


“O Bloque é preciso e o que conseguimos nós estando en minoría non o consegue nin o PSOE nin o PP” declarou o sindicalista de Grixoa de Esternande.

Xesús Gómez pide un «grupo potente» do BNG


O candidato ao Senado, Xesús Gómez Antelo, que esta fin de semana concedeu unha entrevista a Adiante TV (VER AQUÍ), solicitou apoio para cambiar as dinámicas actuais:“En Madrid hai moita xente galega que conspira contra Galicia. Os partidos centrais dinlle aos seus diputados, coidado que primeiro somos nós e temos que negociar con vascos e cataláns”.


Coincidiu na mensaxe dos anteriores oradores: “O dia que haxa un grupo potente do BNG en Madrid as cousas empezarán a cambiar rapidamente”. Este veciño de Vilamaior referiuse reiteradamente «ós que lle quitan a nata o leite», frase moi comentada despois do acto, para denunciar as especulacións e a falta de prezos xustos para os produtores.


O acto rematou co Himno de Galicia e cunha actuación da pandereteira María Mourelle, moi aplaudida polos presentes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos