9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Pontón apela ás persoas que votaron BNG nas anteriores eleccións: ”Co voso apoio haberá un grupo galego forte”

“Pídolles que volvan confiar no BNG, que volvan encher as urnas de votos ao BNG para ter un grupo galego forte no Congreso, porque se repiten ese apoio Galiza terá unha voz forte en Madrid capaz de defender os intereses do País e frear a alianza do PP coa extrema dereita antigalega”.

Deste xeito a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou ás persoas que votaron ao Bloque nas pasadas eleccións municipais e autonómicas.

Foi nun mitin celebrado en Carballo, onde Pontón declarou: “Fronte aos que sempre din que NON, que Galiza non pode ter un grupo forte no Congreso, nós, unha vez máis, volvermos demostrarlles que SI, que o este é o momento de Galiza”.

1.500 PROPOSTAS


Neste acto, o candidato ao Congreso, Néstor Rego defendeu o seu traballo no Parlamento: “Máis de1.500 propostas referidas a Galiza demostran que un só deputado é máis útil para o noso país que 22 que dependen do que se decida nas súas sedes de Génova ou Ferraz”.

Tamén falaron os candidatos ao Congreso pola comarca, Xosé Antonio Andrade e Belén Lendoiro e o candidato ao Senado, Xesús Gómez Antelo.

Entrevista a Xesús Gómez en Adiante TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos