8.1 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

Miñones asegura que o goberno do PSOE “investiu máis de 23 millóns na comarca de Bergantiños”

No mitin central da comarca de Bergantiños, José Miñones, afirmou que nesta comarca o goberno central “investiu máis de 23 millóns de euros”, en proxectos “de mobilidade sostible, de iluminación, que favoreceron que os Concellos aforrasen e os puidesen adicar á súa veciñanza”.

Ademais, “nunca antes Galicia recibira tantos cartos para fomentar o turismo sostible” sinalou o candidato ao Congreso e ministro de Sanidade. Miñones, que destacou que o de Pedro Sánchez é “o Goberno máis galego da historia”, e advertiu que “Vox e o PP queren tirar todo isto abaixo”.

Tamén interviron o secretario provincial, Bernardo Fernández, o candidato o Senado, Xosé Sánchez Bugallo, e a voceira local, Mari Carmen Vila.

“Mentres Feijóo adica a campaña a crear bulos, nós adicamonos ao que realmente importa, como a reunirnos coas enfermeiras en loita contra a precariedade da sanidade en Galicia” declarou Fernández Piñeiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos