Juan José Blanco Riveiro foi reelixido, cos votos do BNG, alcalde de Mazaricos na sesión de investidura celebrado este venres. Gobernará con maioría absoluta ao obter o BNG seis representantes no pleno: Juan José Blanco Riveiro (alcalde), Beatriz Alvite Novío, Esteban Pereiro Esperante, Sandra Alvite Ferreiro, Jorge Domingo Villar Cobas e Jorge Sanmartín Rial.
Na oposición estará o Partido Popular con catro edís: José Manuel Caamaño López, Laura Rodríguez Antelo, María Manuela Lago Pérez e María Dolores Gómez Gómez. Espazo Común está representado por Francisco Javier Rodríguez Trillo.
«Grandes proxectos»
Na súa intervención, Juan Blanco, agradeceu os apoios recibidos, saudou ós novos concelleiros e chamou a traballar en conxunto:“Temos as portas abertas e seguiremos a traballar nos próximos catro anos para desenvolver grandes proxectos en infraestruturas, en promoción ou en xestión local”.
O portavoz do PP, José Manuel Caamaño, adiantou que exercerá “unha oposición clara, directa, honesta, responsable e construtiva”.