Corcubión volve a ter un alcalde do BNG. Este concello foi durante moitos anos un feudo nacionalista liderado por Rafael Mouzo Lago (alcalde entre 1979 e 2003). Despois pasou a mans do PSOE, a excepción dun breve período de tempo que Mouzo (entre 2007 e 2008) estivo de novo como alcalde.
Francisco Xabier Domínguez, novo alcalde
15 anos despois desa última etapa, Francisco Xabier Domínguez “Drok”, convertiuse en mandatario deste municipio. Bastoulle ser a forza máis votada e obter 4 dos 9 concelleiros da corporación.
No pleno está representado o PSOE, con dous edís, PP, con outros dous e Sempre Corcubión, de Alfredo González, cun único representante.
Domínguez tivo unha emotiva lembranza para os seus pais falecidos, e anunciou que nesta xornada comezaba “unha nova etapa de ilusión e futuro”. Tendeu a man para traballar en conxunto, unha mensaxe na que tamén coincidiron os distintos portavoces da oposición.
Fotos- BNG Corcubión