14.5 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Candidatos da Terra do Xallas, Soneira, Fisterra e Bergantiños nas eleccións do 23 de xullo

Xesús Gómez, o sindicalista de Vilamaior

O BNG opta polo xalleiro Xesús Gómez Antelo como candidato ao Senado. É o primeiro nome que figura na lista pola Coruña.Este veterano activista nacido no Carballal- Vilamaior leva décadas desenvolvendo a súa actividade en Suíza.

Na candidatura para o Congreso repite no primeiro posto, Néstor Rego.

Da nosa contorna tamén figuran nas listas o coristanqués Xosé Antonio Andrade, no número cinco, como primeira suplente a camariñana, Ana María Pasantes Bouzas e tamén como suplente a carballesa Belén Lendoiro.

O camariñán Fabián Canosa nas listas do Senado

O Partido Socialista tamén confirmou os seus candidatos. Na lista coruñesa ao Congreso que encabeza José Miñones están Jorge Domínguez Castro de Corcubión, no número 5, Paula Castiñeiras, de Trazo, no número 7, e o exalcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, no número 8.

Nos postos de suplentes aparece a xalleira Jéssica Antelo Álvarez, o coristanqués, José Manuel Pérez Abelenda e o exalcalde de Fisterra, José Marcote.

E un concelleiro de Camariñas, Fabián Canosa Pasantes ocupa o terceiro posto no Senado. Nesta candidatura, e como suplente tamén está a larachesa Inés Ramos.

Luis Insua, José Muíño e María Pose

Con respecto ao Partido Popular, na candidatura liderada por Miguel Tellado, están como suplentes O fisterrán Luis Ínsua Lago e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez.

Polo que respecta ao Senado hai tres suplentes da zona. A exalcaldesa de Santa Comba, María Pose, a concelleira da Laracha, Patricia Bello e a alcaldesa en funcións de Muros, Inés Monteagudo. Lembremos que no concello de Muros non se celebra o pleno de constitución ata o 7 de xullo, pero perfílase un cambio na alcaldía.

Manuel Fuentes, candidato de Vox ao Senado

E o veterinario e cetreiro, Manuel Fuentes Lamas, encabezará a candidatura de Vox ao Senado pola nosa provincia.

Fuentes Lamas é o coordinador do partido de Abascal na zona de Bergantiños, e tivo moita repercusión nos medios, pola súa oposición a Lei de Benestar Animal do goberno central, polas súas intervencións na problemática do lobo ou por organizar unha homenaxe anual á primeira vítima de ETA, o malpicán José Antonio Pardines Arcay. Está vinculado á asociación Nostra Terra.

Na candidatura de Vox ao Congreso tamén figura a carballesa Elena Gómez Senra.

Fernando del Moral na candidatura de Sumar

E acabamos de saber nas últimas horas que na candidatura de Sumar, a formación impulsada por Yolanda Díaz, participa o concelleiro de Podemos en Laxe Fernando Del Moral Regaldie.

Marta Lois é a número 1 polo Congreso e a poeta Marilar Aleixandre polo Senado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos