14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

O xesto responsable de Rubén Suárez

Había un acordo de goberno pero un dos concelleiros socialistas non chegou a tempo por motivos persoais e os números non lle daban ao PSOE. O Partido Popular, como forza máis votada, podería saír do pleno co bastón de mando, aínda que a cousa non tivera moito percorrido. O PP sumaba seis votos e PSOE e BNG outros tantos.

Manuel Ángel Leis explicou “unha situación excepcional” no atraso dun voo dun concelleiro do seu grupo, ao que “pediremos explicacións” e pediu a abstención do PP, para poder sacar adiante o pleno de constitución segundo o previsto.

Finalmente, o portavoz Rubén Suárez Carballo, despois de lembrar que foi o PP o gañador das eleccións, recriminar a “demagoxia continua” do goberno socialista e pedir a dimisión do edil ausente, xustificou a súa abstención para facilitar a elección de Leis, nunha actuación “sempre dentro da moralidade e da ética” e da “responsabilidade”.

Suárez tamén tivo palabras críticas contra o concelleiro do BNG, que demandaba “un cambio” pero acababa apoiando ao actual alcalde sen entrar no goberno.

Sen dúbida, o visto no salón de plenos foi todo un xesto cheo de responsabilidade e dignidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos