14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

O BNG apoiará a investidura de Manuel Ángel Leis en Negreira

O socialista Manuel Ángel Leis continuará a fronte da alcaldía de Negreira ao asegurarse o apoio do concelleiro electo do BNG, José Ramón Blanco “Pichi”.

Nas últimas eleccións o partido máis votado foi o PP liderado por Rubén Suárez Carballo con 2001 votos por 1754 do PSOE. Empataron a 6 concelleiros, así o voto nacionalista é determinante.O PSOE gobernará en minoría.

Apoio do BNG sen entrar no goberno

“No BNG sabemos negociar e traballar conxuntamente con outras forzas políticas polo que temos certeza de que pode ser un goberno sólido, que contará co noso apoio en cuestións estratéxicas nas que, non teño dúbida, imos coincidir» aclarou Blanco.

O portavoz do BNG explicou que “o noso voto será para defender unha política municipal social e, nese sentido, apoiaremos o PSdG-PSOE e, mesmo sen estar no goberno, traballaremos porque se executen proxectos que defendemos na campaña é que son de interese para o futuro de Negreira» manifestou Blanco.

Prioridades do BNG

Tamén lembrou que este partido ten o seu propio programa electoral: «Apostamos por facilitar a alcaldía do PSOE porque entendemos que temos máis puntos en común pero o goberno municipal terá que ter en conta tamén os obxectivos e as prioridades do BNG, o programa co que nos presentamos ás eleccións, porque ten que responder a esa maioría que vai representar e na que tamén están as persoas que votaron BNG»,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos