12 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Pereira volverá á alcaldía da Baña co apoio do BNG

O socialista José Antonio Pereira Gil volverá a ser alcalde do concello da Baña, grazas ao acordo de goberno acadado entre PSOE e BNG, que suman maioría absoluta.

Será investido este sábado cos votos dos cinco concelleiros socialistas e da edila nacionalista, Mónica González, que ocupará a primeira tenencia de alcaldía, formará parte da xunta de goberno. Pereira e González contarán con dedicacións exclusivas.

Nos vindeiros días perfilarase a repartición das áreas de goberno aínda que transcendeu que o BNG coordinará os Servizos Sociais e o PSOE a área de persoal.

Mónica González

O PP, na oposición

Volve a oposición o Partido Popular, que foi a lista máis votada con 19 sufraxios de diferencia sobre o PSOE.

Nesta pasada lexislatura houbo dous mandatarios, Pereira Gil, que foi apoiado por Compromiso por Galicia, partido que posteriormente participou nunha moción de censura contra o rexedor socialista, respaldando despois ao popular Andrés García Cardeso, que tivo o bastón de mando nos últimos tempos.

Esta foi a entrevista que lle realizamos durante a campaña a José Antonio Pereira

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos