9.2 C
Santa Comba
lunes, abril 28, 2025

O BNG reitera que “non vai a apoiar nin reforzar a investidura como alcalde” de Lois García

O BNG de Ponteceso celebrou unha asemblea local e deixou claro que Lois García Carballido debería renunciar para que se valore calquera tipo de acordo.

Nun comunicado os nacionalistas afirman:

  • Mantemos a posición comunicada en campaña electoral: o BNG non vai apoiar nin reforzar a investidura como alcalde de Lois García Carballido nin formará parte dun goberno con el.

  • Se o PSOE quere que a nosa asemblea valore a posibilidade de iniciar algún tipo de negociación ou acordo: primeiro debe facerse EFECTIVA a renuncia de Lois García Carballido a tomar posesión da súa acta de concelleiro 2023/27. Así foi que o acordamos na nosa primeira sesión post 28M; así foi que a nosa portavoz, Fátima Rodríguez Gonzálvez, o comunicou o sábado á portavoz do PSOE, Noelia Varela; así foi que llo reiterou na mañá de hoxe, mércores 7; e así é que o volvemos acordar hoxe en asemblea local por segunda vez reunida despois do 28M.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos