5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Mensaxe de apoio de Feijóo a Paula Mouzo

O presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, difundiu un vídeo personalizado para expresar o seu apoio a candidata de Camariñas, Paula Mouzo Más.

Feijóo enviou “unha aperta moi forte a Paula e a todo o seu equipo para que sexa posible un cambio en Camariñas

Referiuse a Camariñas como “un fermosísimo pobo cunha extraordinaria xente”.

«Unha nova etapa en Camariñas»

E desexou sorte a súa candidata: “Desexo que o luns empecemos unha nova etapa en Camariñas da man do mellor partido de Galicia, do Partido Popular.

Esta semana tamén remitiron mensaxes de apoio en vídeo a Paula Mouzo, o Vicesecretario de Organización, Miguel Tellado e a Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.

Durante a campaña Mouzo contou co apoio de varios dirixentes. Nos dous actos celebrados na capital municipal de Camariñas, estiveron presentes a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a de Infraestruturas, Ethel Vázquez. No acto de Ponte do Porto, a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, nos de Camelle e Arou, o portavoz parlamentario Pedro Puy Fraga e no de Xaviña, o secretario xeral provincial e portavoz popular na Deputación, Evaristo Ben Otero.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos