16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Fin de campaña electoral, con moitos matices

Cristina Barcia (Xefa de Comunicación Partido Galego)

A campaña electoral remata hoxe e queremos expresar o noso agradecemento á xente que nos acompañou en cada mitin, que nos escoitou e que enviou suxestións para a elaboración do noso programa. Tamén queremos agradecer ás persoas que axudaron ao noso equipo na campaña de porta a porta. Moitas grazas a todas e a todos.


Fixemos o noso mellor esforzo para chegar a todos os veciños, a pesar de que as regras do xogo cambiaban segundo a conveniencia de algúns.


Tivemos que modificar o noso calendario de mitins en varias ocasións porque outros partidos solicitaron os mesmos lugares na mesma data. Porén, como non temos representación, a Xunta Electoral non nos concedeu preferencia. Foi unha sorpresa descubrir que, por exemplo, en Fontecada, no día que o pedimos e se nos negou o local, ningún outro partido realizou un mitin alí.


Ademais, houbo locais que non estaban autorizados pola Xunta Electoral e que foron habilitados polo Concello na véspera do primeiro día de campaña, entre outras cuestións. En toda Santa Comba, os partidos empapelaron lugares nos que a Xunta Electoral non permitía publicidade.


No boletín da data 09 de maio, publicáronse os espazos autorizados para a colocación da propaganda electoral. O único espazo permitido para carteis en espazos públicos era o panel situado no campo da feira. Tamén se indicaban as farolas autorizadas para este fin nas rúas Avda. Santiago, Alfonso Molina, Avda. Brasil, Avda. Mourelle, Rúa Pontevedra, Rúa María Pita e Rúa Antonio Tomé Taboada.


Calquera publicidade que non se axuste a estas indicacións é totalmente ilegal e abusiva. Non obstante, como todos poden comprobar, ningún partido, excepto o Partido Galego, cumpriu as indicacións da Xunta Electoral de Zona (XEZ). Dende o noso partido presentamos a denuncia correspondente ante a XEZ, e esta enviou unha notificación a todos os partidos para que retirasen toda a publicidade que non cumprise co mencionado anteriormente.


Despois falan de legalidade, de campañas limpas, etc. Pero está á vista o que cada un fai na realidade.

O Partido Galego de Santa Comba demostrou que cumpre as normas, mentres que os demais incumpren as regras do xogo electoral. Un exemplo diso é que o PP denunciou catro carteis que tiñamos colocado na zona de Castro de Freixeiro, en postes que non pertencen ao alumado público. Tan pronto recibimos a notificación da XEZ, retirámolos de inmediato. As outras agrupacións políticas tamén foron notificadas, pero está claro que non están a obedecer as ordes que lles foron dadas.


De todas as maneiras, temos a conciencia tranquila de que fixemos unha campaña limpa, bonita e responsable. Ao contrario dos demais, non partiu da boca de ninguén do noso equipo un único ataque a ningún dos candidatos, porque a política non se fai así, non debemos acostumarnos a unha campaña sucia e calumniadora. Por iso temos moito orgullo de ter pasado por estes días sen unha soa mancha no noso percorrido.


Moitas grazas a todas e a todos, de corazón, de todo o equipo do Partido Galego de Santa Comba. Vémonos nas urnas o 28 de maio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos