8.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

» Unha maioría absoluta é posible, xa está no aire «

Contido Patrocinado – Remitido polo PSOE de Santa Comba

Falta pouco para a finalización da campaña electoral e nalgúns municipios, como é o caso de Santa Comba, a situación vese este ano máis interesante que nunca, tanto polas expectativas xeradas como pola impresión xeral de que un cambio de rumbo achégase con forza.

“Cheira a maioría absoluta do PSOE” é unha frase que na última semana estase a escoitar con insistencia entre os veciños que ao longo destes catorce días abarrotaron os mitins da formación liderada por Alberto Romar. Os socialistas pisaron todas as parroquias para expoñer un programa de 105 medidas que a veciñanza está a acoller con ilusión, posto que a opinión xeral é que a situación do concello e os seus graves problemas parecen poder resolverse só cun cambio maioritario no consistorio xalleiro.


Nunha campaña intensa na que non faltaron as saídas de ton dalgunhas formacións nin os ataques directos, a liña de Alberto Romar e os socialistas foi sempre a de propoñer en positivo, falando de medidas e de persoas, tentando deixar de lado as polémicas e as artimañas que desgraciadamente nos últimos anos parecen non querer abandonar a política municipal dun pobo que está a pedir algo máis.

“Necesitamos unha maioría absoluta e estamos moi preto de conseguila se o apoio demostrado polos veciños se traduce o domingo en votos. Que ninguén o dubide e que se perda por fin o medo, porque demostraremos que facéndoo ben e sendo transparentes, xustos con todos, próximos e educados a situación do noso pobo pode cambiar.

Necesitamos un voto masivo e o domingo terémolo. Somos maioría, a xente xa o está vendo e temos que avanzar xuntos, sen condicionantes e sen medos”. Alberto Romar e o seu equipo non o dubidan e parece que a cidadanía tampouco, posto que o debate está nas rúas e a irrupción do empresario xalleiro converteuse nun tema de conversación frecuente que pon de acordo a moitas persoas que antes non vían unha saída clara á hora de decidir o seu voto. Nestas eleccións as siglas están a ser importantes, pero as persoas aínda máis, así como as propostas. Vellas caras e vellas medidas, como a xa famosa estrada que une Santa Comba e Portomouro que saíu un ano máis a relucir, fronte a novos candidatos que pisan con forza e coas cousas claras, ofrecendo razóns apoiadas nun programa (que se pode consultar integramente na seguinte ligazón) e é a primeira vez que algo de tal envergadura se propón nuns comicios no municipio xalleiro) baseado na boa xestión por parte de persoas expertas en cada área, a transparencia e a igualdade de oportunidades.

Porque xa non se trata só de PP ou PSOE, trátase de escoller entre o continuísmo dun sistema esgotado encabezado por persoas que levan en política máis dunha década ou de apostar por unha xestión municipalista liderada por quen quere poñer no centro a comunidade e o progreso, sen pactos dubidosos nin o habitual transvasamento de votos dalgúns concelleiros cara a outras candidaturas que, segundo a experiencia, teñen outras siglas pero acaban sendo as mesmas.


O día 28 a cidadanía terá que falar nas urnas, o venres 26, o día anterior á xornada de reflexión, Alberto Romar e os socialistas farano por última vez nesta campaña. Será a partir das 21:30 nun acto de peche no restaurante Leandro que promete sorpresas e un gran ambiente. Será outra ocasión, din, para comprobar o que veñen propoñendo á veciñanza: que o farán ben, ou sexa que todos, xuntos, #farémoloben.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos