9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Paula Mouzo:”Camariñas precisa un cambio de rumbo, xente nova con ilusión e ideas”

Entrevista á candidata do Partido Popular en Camariñas

P-Cómo te definirías a ti mesma?

R-Son Paula Mouzo Más, unha profesional do mar, percebeira. E deportista. Sei do valor do sacrificio, do compañerismo, do traballo en equipo para acadar unha meta.
Son a primeira muller ao temón da nave do PP de Camariñas. Levo catro anos de concelleira e quero ser a primeira muller de Camariñas na alcaldía do meu pobo.


P-Qué valoración fas da situación política de Camariñas?


R-Levamos corenta anos de socialismo, cun goberno conformista, inmovilista, de intereses creados. De voto cautivo e favoritismo.


Cunha xestión económica nefasta. A herdanza urbanística é catastrófica.
Así temos un concello empeñado en dous millóns seiscentos mil euros. Non hai unha política de aposta pola empresa, polo solo industrial, por eliminar o paro, pola vivenda social. Non se apoia ao mar, ao comercio. Non hai plans de turismo para crear unha marca Camariñas e non se reforma a Mostra de Encaixe cara a unha dimensión comercial.
As obras son remendos para as vísperas das eleccións pero non hai grandes proxectos, non se atenden as demandas, nin hai colaboración coas administracións. Temos un concello empeñado e intervido.


P- Qué motivos che levaron a liderar a candidatura do PP de Camariñas?


R- Levo catro anos de concelleira e coñezo desde dentro os problemas e as demandas de Camariñas.
Son unha muller loitadora e con vocación social. Por iso, para min, é un reto pero tamén unha honra, liderar este novo proxecto do PP de Camariñas.
Non me podía negar a esta aposta por recuperar o meu concello, sacalo dunha dinámica negativa de perda de veciños e de investimentos. Quero axudar a buscar solucións aos problemas dos homes e mulleres de Camariñas. E síntome arroupada por este rol de candidatos e militantes do gran barco do PP de Camariñas.

P- Cales serían as primeiras medidas que adoptaría a fronte do concello?


R-Coñecer a situación económica é fundamental, pero o que xa sabemos é realmente terrible.
A débeda é pública e estamos intervidos, así que temos que endereitar a situación económica. Logo abrir a administración aos veciños e emprendedores, axilizala.
Volver a xuntarnos cos axentes sociais, empresarios, sector do mar, e empezar a planificar os nosos proxectos e atender as súas demandas. Patear os despachos das administracións para que teñan enriba da mesa os nosos plans e non perder tempo.

P-Por que votar a Paula?


R- Camariñas precisa un cambio de rumbo, xente nova con ilusión e ideas. Quero cambiar Camariñas, e sei que podo contar cun equipo, e cun partido sempre atento a escoitar as nosas demandas para solucionar os problemas da xente do mar, da empresa, do comercio. Impulsar o encaixe, o turismo, a educación e os servizos sociais.


Quero sumar Camariñas ao cambio social do país, decirlle aos veciños que é posible outra política local, que temos futuro e que podemos facer as cousas doutro xeito.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos