O BNG organizou unha rolda de prensa para anunciar accións legais e políticas “co fin dirimir responsabilidades pola campaña de difamación da que é vítima” o candidato nacionalista á alcaldía de Santa Comba.
O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, destacou que coñecen a implicación dunha «candidata do PP que está a difundir as falsas e graves acusacións contra o cabeza de lista nacionalista» no que considerou unha «práctica mafiosa e caciquil que non vai ter resultado».
Denuncias presentadas
Informou que que o BNG xa presentou denuncia diante da Xunta Electoral ao considerar que os feitos son «constitutivos de delito electoral porque afectan ao normal funcionamento da campaña» e instou ao PP e a Alfonso Rueda a que «desautorice ás persoas implicadas da súa candidatura e pare xa o despropósito».
O candidato Juan Sixto presentou unha denuncia na Garda Civil e falou na súa intervención dunha «estrutura organizada» que ten como obxectivo «meter medo nunha campaña completamente carroñeira mais non nos van facer calar».
Anunciou que, ademais da denuncia xa presentada, dirixirase á fiscalía xa que hai menores implicados e informou de que hai xa «unha persoa identificada que está a participar na difusión da difamación».