Reproducimos o texto íntegro remitido polo Partido Popular de Santa Comba – Foto PP Santa Comba Facebook
Diante das acusacións do candidato do BNG en Santa Comba que denuncia a implicación dun membro da candidatura do PP no buzoneo e unha difusión de mensaxes de whatsapp con graves acusacións referidas á súa persoa e nos que se menciona á súa familia, o Partido Popular rexeita de xeito absoluto e non comparte nin practica ese tipo de campañas sucias tal e como ven demostrando. Pódese comprobar facendo un repaso da campaña que está a facer o equipo dirixido por María Pose na que non se insulta a ninguén nin se fan alusións á vida privada de ningún candidato.
Ademáis o PP destaca que ningún membro da súa candidatura participa nese tipo de prácticas de difusión de mensaxes falen do partido que falen, pero neste caso é moi fácil entender que o BNG non é o rival do PP nas urnas e que esta campaña en nada favorecería á candidatura popular nun municipio no que se presentan catro forzas do bloque da esquerda e só o PP no senso contrario.
O PP esíxelle ó BNG que de xeito inmediato retire as acusacións que fan alusión ó PP e a unha das súas candidatas ante a difamación que están a recibir e de non ser así, e á espera das investigacións, desde as filas populares se responderá coas denuncias xudiciais que se consideren oportunas.