16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O PP afronta o final da campaña coa presenza Pedro Puy Fraga e Ethel Vázquez en Arou, Camelle e Camariñas

Pedro Puy Fraga e Ethel Vázquez estarán en Arou, Camelle e Camariñas.

PATROCINADO

Mércores 24 en Arou e Camelle

O Partido Popular encara a recta final da campaña electoral con varios actos. Este mércores 24 de maio a partir das 19h, a candidata Paula Mouzo e o seu equipo realizarán unha visita a Arou.

Na contorna da praia presentaranse as propostas para esta localidade e despois realizarase unha visita por esta zona, na compaña do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga. As 21h, Puy Fraga e Paula Mouzo intervirán nun mitin que terá lugar en Camelle, no centro cultural Casa de Man.

XOVES MITIN EN CAMARIÑAS

O xoves 25, terá lugar o último mitin da campaña. Desde as 9 da noite na Casa de Pedra da capital municipal coa intervención da candidata e da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle.

O venres 26 haberá unha pegada simbólica de peche de campaña en varios puntos do municipio.

ACTOS DE CAMPAÑA

Esta campaña dos populares arrancou cun acto de presentación en Camariñas, onde estivo presente a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, unha andaina de posta en valor da Ruta dos Muíños en Ponte do Porto, coa asistencia da Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez e outro acto na área recreativa do Ariño-Xaviña no que estivo o secretario xeral provincial do PP e voceiro na Deputación, Evaristo Ben Otero.


“Fixemos unha campaña na que apostamos por varios actos ao aire libre para poñer en valor os nosos recursos e varios espazos cun gran potencial. Envoltos nun aire limpo que agardamos que entre no concello de Camariñas a partir do domingo”, declarou Paula Mouzo Más.

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE CAMARIÑAS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos