O secretario xeral do Partido Popular coruñés, Evaristo Ben Otero arroupou a candidata Paula Mouzo e ao seu equipo no acto de presentación do programa da parroquia de Xaviña, que organizaron os populares na zona recreativa do Ariño.
“Penso que con Paula Mouzo acertamos de cheo e estou seguro imos ter un bo resultado en Camariñas. Merece unha oportunidade para tentar gañar as eleccións”.
«O único PSOE que hai é o de Pedro Sánchez»
Ben Otero quiso “pedir disculpas por posibles erros do pasado” dentro do partido e lembrou que votar ao PSOE é apoiar as políticas do presidente do goberno:”O único PSOE
é o de Pedro Sanchez, quen vai no PSOE é de Pedro Sánchez”.
Solicitou o apoio para a candidatura:“Pido para Paula o mesmo apoio que lle déchedes a Feijóo.”.
Pola súa parte, Paula Mouzo destacou as liñas básicas do programa para esta parroquia e pediu o apoio veciñal para que chegue o cambio ao concello de Camariñas e poder deseñar unha nova política que aproveite os importantes recursos naturais e faga unha xestión turística axeitada.