A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, participou no acto de posta en valor da Ruta dos Muíños e do Río do Porto, en Ponte do Porto, organizado polo Partido Popular de Camariñas.
Para Vázquez foi “unha desagradable sorpresa” comprobar o estado de abandono da Ruta dos Muíños, pola falta de limpeza, a invasión de vexetación nestes elementos patrimoniais e incluso a presenza de lixo nos muíños.
Amosouse “moi preocupada” por un espazo que ten moito potencial e “que tedes que proxectalo ó mundo”, e confiou nas propostas feitas por Paula Mouzo Más para potenciar este enclave.
Mouzo comprometeuse a realizar un plan de recuperación de muíños na zona, o desbroce dos camiños “do entorno dos muiños documentados con áreas de esparcemento no Pociño e A Pesqueira”.
O PP tamén propón no seu programa electoral a investigación da historia das aceñas, un plan de divulgación da ruta, a posta en marcha (alomenos) dun muíño, a recuperación ambiental do coto troiteiro, a eliminación de puntos negros e apois as iniciativas de deportes acuáticos e multiaventura.
Desleixo do PSOE local diante da Lei do Litoral
“Camariñas precisa un rexurdir” dixo Ánxeles Vázquez, que lamentou a falta de reacción do executivo socialista deste concello con respecto a Lei do Litoral:
“Non posicionarse e non asistir as reunións supón que non lles interesa que hai un desleixo coas veciñas e cos veciños” declarou, convencida de que o PSOE de Camariñas “algo terá que dicir” cando “o goberno central non quere permitir ningún tipo de actividade na costa” e cando “o que está paralizando toda a costa galega é o PSOE por algo ideolóxico”.
Falta de xestión do goberno de Camariñas
A Conselleira tamén lle chama a atención de que en Camariñas “nin sequera se pide a bonificación do 15% que lle permite SOGAMA” e que beneficiaría aos veciños, ou non se pidan as “axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, que tampoco se solicitou”.
Vázquez Mejuto expresou o seu apoio ós proxectos trasladados por Paula Mouzo neste encontro.
Acompañada polo candidato pola parroquia, Juan Carlos Amado Sambade, e outros membros da candidatura, entregou un dossier co proxecto que quere desenvolver nesta fermosa paraxe porteña.