Este mércores 17 de maio, o Partido Popular de Camariñas organiza un acto na Ponte do Porto co obxectivo de poñer en valor da Ruta dos Muíños e o Río do Porto.
“Convertemos o mitin da Ponte do Porto nun acto de posta en valor da Ruta dos Muíños, e do Río do Porto como unha zona de moito potencial medio ambiental e turístico, co seu couto pesqueiro, e con todas as posibilidades que ofrece esta contorna que está presente na nosa proposta de goberno” declarou Paula Mouzo.
ASISTE ÁNGELES VÁZQUEZ
O acto contará coa presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Anxeles Vázquez, que acompañará a candidata Paula Mouzo Más, e a membros da candidatura e ós veciños que queiran participar desde as 11,30 da mañá.
Os populares realizarán unha pequena andaina e explicarán as súas propostas para a parroquia de Ponte do Porto. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 627026918.