A candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula Mouzo, visitou os parques infantís de Camelle seguindo varias demandas veciñais.
Catro soldos políticos no concello desprecoupados
E entende o malestar que existe:”“A verdade é que o goberno do PSOE debería avergoñarse da falta de mantemento dos nosos parques infantís. As deficiencias que presentan os parques de Camelle son preocupantes. É unha mostra da falta de planificación dun goberno que ten catro cargos políticos cobrando e que non se preocupan por cuestións tan básicas coma coidar este espazos”.
Paula Mouzo pide solucións:“Propoñemos que se faga un plan de mantemento e renovación dos nosos parques infantís en todo o municipio. Queremos un concello atractivo e que facilite a vida ás familias. Nos parques de Camelle hai elementos descoidados, rotos e que incluso poden supor un perigo para os nosos nenos”.
E aparte das demandas a candidata popular tamén lanzou un compromiso:“Se chegamos á alcaldía está será unha das nosas primeiras accións. Hai que manter o que temos”.
Mouzo Más engadiu que nun dos parques que está a carón da estrada é preciso habilitar un novo peche.
Acto do PP
A candidata aproveitou para convidar ós veciños a achegarse ao acto de presentación da lista electoral, que se celebra este sábado 13 de maio desde as 21,00h na Casa de Pedra de Camariñas, e onde se contará coa presenza da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.