10 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

O Partido Galego propón un debate de candidatos en Radio Xallas

O Partido Galego quere que haxa un debate entre os aspirantes á alcaldía do concello de Santa Comba para que “as veciñas e veciños poidan ter a oportunidade de escoitar as propostas de todas as candidaturas e tamén ser partícipes de como cada un defende os seus programas”.

Nun comunicado explican que había unha proposta do diario dixital Que Pasa Na Costa para un debate que “foi rexeitada polos líderes do PP e o PSOE, as 2 forzas máis votadas nas últimas eleccións”.

Sinalan que “Esta negativa debería, canto menos, facernos reflexionar sobre que persoas van a estar para dar a cara sempre e cales non».

Confrontar ideas en Radio Xallas

E propoñen “que se faga o debate na nosa radio municipal, para que os candidatos se sintan cómodos e sen a presión de ter o público presente”.

Desde o Partido Galego engaden:”a veciñanza ten o dereito de escoitar a todos os grupos en igualdade de condicións e de ver o que ten para ofrecer cada un. É importante que os candidatos poidan confrontar as súa ideas e propostas frente a frente ante todo, solicitamos un debate moderado onde reine a educación e o respecto”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos